• O recoñecido barista Óscar de Toro, que foi campión galego, imparte estas formacións
  • Perto de douscentos futuros profesionais da hostalaría recibirán esta formación antes de que remate o ano
  • O leite ÚNICLA é o preferido de moitos profesionais pola calidade da súa crema para o café sen que perda o seu sabor

Desde ÚNICLA estamos impulsando a formación profesional sobre o leite en centros de FP de Hostalería de Galicia. O propósito é ampliar o coñecemento, poñer en valor e mellorar o manexo dun dos ingredientes máis importantes do sector hostaleiro: o leite, pois o 85% das bebidas de café servidas en hostalería levan leite. O prestixioso barista Óscar de Toro colabora desde hai varios anos con ÚNICLA, ensinando a través da súa experiencia o manexo do leite en cafetería e a importancia de escoller un bo leite, posto que -tal como el mesmo salienta- “o café é o produto que máis fideliza nunha cafetería”.

No marco desta iniciativa, estes días estanse a desenvolver varios cursos no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, no CIFP Compostela de Santiago e no CIFP Fraga do Eume de Pontedeume. Óscar de Toro, propietario do Café Venecia en Santiago de Compostela, é un profesional hostaleiro recoñecido, premiado como barista e tamén pola tiraxe de cervexa en diferentes competicións galegas, nacionais e mesmo internacionais. Ao longo destas formacións destácase a importancia da composición natural do leite á hora de cremar. Nesta liña, apunta que “Únicla ten un elevado contido en selenio, que, ademais de ser antioxidante, axuda a que o leite aguante moito máis a temperatura e, polo tanto, favorece o proceso de cremación. En hostalaría “agredimos” o leite con calor e vapor de auga e, fronte ao que é habitual, con este leite as micelas de graxa non rompen ao estar a alta temperatura Aínda alcanzando os 70 graos, mantense doce, non se volve aceda, algo que non sucede con outros leites”.

Leite moi saudable, fonte natural de selenio e Omega 3

Únicla ten tres veces máis ácido linoleico conxugado que un leite normal. Ademais, é fonte natural de Omega 3 e de selenio, o que o converte nun produto con importantes beneficios cardiovasculares, promovendo, así mesmo, o colesterol bo fronte ao malo e axudando a regular a graxa corporal. Adquire estas propiedades grazas á alimentación das vacas da Cooperativa, pensada para obter o leite co mellor perfil de ácidos graxos do mercado.

A alimentación natural das vacas, clave na calidade do leite

Os pastos da Cooperativa están controlados por un equipo de agrónomos e nutrólogos especializados que recuperaron un tipo de forraxe que proporciona unha maior calidade nutricional ao produto. Os pensos elabóranse nas propias fábricas de Feiraco e compleméntanse con sementes de liño, que melloran o perfil de ácidos graxos do leite.

A alimentación natural das vacas, clave na calidade do leite

A través desta proposta, o alumnado coñece a calidade e o valor do leite galego, en especial de Únicla, que é un produto Premium. “Debemos darlle valor ao leite galego, e tamén ao feito de que proceda dunha cooperativa. Os futuros profesionais deben saber que escoller un leite galego para o seu establecemento é bo para a calidade do seu produto, para a visibilidade do sector leiteiro galego, e tamén para o noso rural. Escoller produtos galegos e de cooperativa, significa non ter intermediarios e escoller un mellor presente e futuro para a nosa terra” Nesta liña, un dos compromisos da Cooperativa Clun é promover que se consuman produtos galegos en sectores tan relevantes como o hostaleiro, tendo en conta, ademáis, que no caso do leite Galicia é pioneira.