Para os amantes do doce, estas galletas de manteiga Únicla serán toda unha perdición. Esta receita é rápida e moi sinxela.

Ensinámoste o paso a paso!

Ingredientes para as galletas de manteiga Únicla

  • 1 ovo
  • 185 gramos de manteiga Únicla
  • 40 ml de aceite
  • 25 ml de leite Únicla
  • 100 gramos de azucre
  • 465 gramos de fariña
  • 1 sobre de fermento
  • Anís (opcional)

Ingredientes para o glaseado

  • 1 clara de ovo
  • Azucre glas

Receita para as galletas de manteiga

  1. O primero paso será pesar todos os ingredientes.
  2. Derretemos a nosa deliciosa manteiga Únicla.
  3. Engadimos nun recipiente a fariña, o azucre, o fermento, o aceite, o leite e a manteiga Únicla previamente derretida. Se queres tamén podes engadir un chorriño de anís (esto é ao gusto!)
  4. Mezclamos ben cunha culler ou coas mans ata conseguir unha masa compacta.
  5. Engadimos 1 ovo e seguimos mesturando ata que se integre na masa.
  6. Amasamos e estiramos cun rodete (consello: podes cubrir a masa con papel film para evitar que se pegue ao rodete).
  7. Una vez estirada a masa pasamos a recortar as galletas co molde.
  8. Introducimos as galletas no forno durante 15-20 minutos a 160º.
  9. Mentras as galletas se cociñan pasamos a facer o glaseado: mesturamos unha clara de ovo con azucre glas ata conseguir a consistencia que desexemos para o glaseado.
  10. Una vez cociñadas as galletas, retirámolas do forno, agardamos a que arrefríen e mollámolas no glaseado.
  11. Deixamos secar ata que o glaseado se solidifique e… A desfrutar!

Estamos seguros de que estas galletas de manteiga Únicla convertiránse nun dos teus doces favoritos. Anímaste a facelas? Se probas a receita, podes ensinarnos o resultado compartindo unha foto nas túas redes sociais.