SOSTIBILIDADE: ÚNICLA CERO EMISIÓNS

O primeiro leite con CERO impacto ambiental

En Únicla traballamos cada ano por reducir o noso impacto ambiental e conseguimos ser o primeiro leite que certifica o seu impacto ambiental cero en canto a emisións de CO2, compensando totalmente estas emisións, tanto para o seu envase como para a produción do seu leite enteiro 1 litro.

Todo isto o conseguimos restaurando bosques queimados no noso país, concretamente en Galicia, a nosa orixe, a través do acordo asinado coa Fundación Arume para compensar as emisións da produción de leite. E grazas aos nosos envases Elopak, que están certificados en Carbon Neutral, compensando así todo o CO2 da súa fabricación.

Ademais, cada ano reducimos as emisións de CO2 á atmosfera nun 20 % fronte a leites convencionais, e os nosos envases e tapóns están feitos con residuos forestais renovables, con resina de piñeiro, cun 86 % de orixe vexetal.

BENESTAR ANIMAL

Só unhas vacas felices e ben alimentadas poden producir o leite máis saboroso do mundo.

As gandarías Únicla son as primeiras de Galicia certificadas por AENOR Conform en Benestar Animal, baseado no referencial europeo Welfare Quality®, que ten como obxectivo harmonizar a preocupación social e as demandas de mercados para desenvolver sistemas fiables de seguimento en granxas, de información sobre produtos e de mellora en benestar animal.

Leite Únicla procede de vacas que viven en contornas tranquilas e saudables, onde se lles garante unha alimentación e un aloxamento óptimo, ademais duns controis sanitarios de calidade.

ORIXE GALEGA

Todas as variedades de Leite Únicla están certificadas cos selos Galega 100% e Galicia Calidade.

Isto non significa unicamente que estean elaboradas con leite de Galicia, senón que, ademais, este procede de granxas incluídas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada que cumpren cuns requisitos de calidade excepcionais e superiores ás esixencias da Unión Europea.

Eses selos caracterizan os produtos lácteos galegos de calidade superior e garanten a trazabilidade do leite dende as granxas até a mesa.

Todas as nosas granxas están situadas a menos de 50 km da planta, por iso o leite Únicla mantén a máxima frescura, xa que tarda menos en chegar á nosa fábrica e en envasarse para a súa distribución.

ALIMENTACIÓN

Saudable para as nosas vacas, saudable para ti.

O noso proceso inclúe unha alimentación natural, complementada con sementes de liño, que consegue os beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano e fai que as nosas vacas produzan, de forma totalmente natural, un leite de altísima calidade con menos contido de graxas saturadas e que, ademais, achega a presenza de Omega 3, CLA e un 12% máis de ácidos graxos poliinsaturados, e é fonte natural de Calcio, Vitamina D e antioxidantes coma o Selenio.

Pero non só iso: o seu sabor superior tamén foi recoñecido internacionalmente polo International Taste Award.

COOPERATIVA

Só envasamos leite 100% galego.

Todo comeza nas nosas gandarías, pertencentes á cooperativa de gandeiros CLUN e situadas a menos de 50 km da fábrica, a través dun proceso completamente natural e responsable.

Únicla é sinónimo de innovación e respecto polo medio ambiente; resultado dun proxecto de investigación que ten como obxectivo mellorar de forma natural o perfil nutricional do leite e obter o leite de mellor sabor; este proxecto foi merecedor do Premio Europeo á Innovación Cooperativa.

COMPROMISOS

Comprometidos coas persoas, a natureza, a innovación e o futuro.

Os nosos máis de 3.500 socios gandeiros son unha peza clave da nosa cooperativa, pero tamén o é o feito de promover un desenvolvemento sostible dende o punto de vista económico, social e ambiental, apostar pola innovación cunha vocación de mellora continuada e guiarnos por un modelo de xestión ético que tamén cumpra as expectativas en canto á calidade e á satisfacción do cliente.

En definitiva, un modelo de innovación integral que impulse melloras no funcionamento de calquera área da cooperativa, sempre co obxectivo de seguir modernizando o sector agroalimentario e apoiando o desenvolvemento sostible do mundo rural.