Preguntas frecuentes

Os beneficios do leite para a nosa saúde

Cales son os beneficios de tomar produtos lácteos?

Os lácteos son unha das principais fontes de calcio na nosa alimentación. Este mineral é indispensable para a saúde dos nosos ósos e organismo: se existe un déficit, o organismo extraerá o calcio dos ósos, debilitándoos e aumentando a posibilidade de sufrir enfermidades:

  • Protexe da osteoporose e, cando xa se produciu, é útil no seu tratamento. A osteoporose é unha enfermidade producida por unha masa ósea baixa e unha deterioración do tecido óseo.
  • Conserva os dentes, forma o esmalte e prevén as caries.
  • Diminúe o risco de padecer obesidade, dislipemia e diabetes mellitus de tipo 2.

Ademais, comprobouse que os nutrientes que conteñen os produtos lácteos teñen propiedades cardiovasculares beneficiosas sobre a saúde:

  • Diminución da presión arterial
  • Regulación dos niveis de colesterol: O ácido linoleico presente nos produtos lácteos contribúe a manter os niveis normais de colesterol en sangue.
  • Prevención da síndrome metabólica: os produtos lácteos aumentan a fracción de colesterol HDL ou colesterol bo. Unha baixa concentración de colesterol HDL, xunto con outras enfermidades, relaciónanse coa presenza de síndrome metabólica.

Así mesmo, os produtos lácteos conteñen proteínas con todos os aminoácidos esenciais. Estas proteínas son necesarias para:

  • formación e reparación de estruturas corporais.
  • Aumentar e conservar a masa muscular:

Aínda que ningún alimento é perfecto, o leite e os produtos lácteos son os que se atopan máis preto deste ideal, pois proporcionan unha gran variedade e cantidade de nutrientes en relación co que o ser humano necesita e en comparación con outros grupos de alimentos (Ensminger e col., 1995).

Cal é o consumo de lácteos recomendado polos profesionais da nutrición?

Dado o seu valor nutricional, recoméndase un consumo diario de lácteos equivalente a 2-4 racións diarias, en función da idade e do estado fisiolóxico.

En nenos e adultos en xeral é recomendable consumir de 2 a 3 racións de produtos lácteos. Os maiores de 60 anos deben tomar diariamente de 2 a 4 racións. Durante a adolescencia, a xestación e tamén para as nais en período de lactación recoméndanse de 3 a 4 racións. 

*Unha ración de leite é o equivalente a unha cantidade de 200-250 ml —unha cunca—. A ración de queixo maduro son uns 30 g e a de queixo fresco 60 g. Unha de iogur supón 250 g.

Os lácteos son os grandes aliados para a saúde dos teus ósos:
https://inlac.es/wp-content/uploads/2019/11/Inlac-Infografia-Calcio-y-Lacteos-v1-01.jpg

A que idade se pode comezar a consumir leite de vaca?

Para o lactante recoméndase a toma exclusiva de leite materno durante os seis primeiros meses de vida ou, cando isto non é posible, a alimentación con fórmulas lácteas adaptadas a base de leite de vaca. Xeralmente despois do primeiro ano de vida, pódese introducir o leite na alimentación do bebé, sempre a variedade de enteiro. En nenos de pouca idade e na idade escolar é recomendable o consumo de 2 a 3 racións de produtos lácteos. Para determinar cando iniciar aos bebés nos produtos lácteos, consúltalle ao pediatra.

*Unha ración de leite é o equivalente a unha cantidade de 200-250 ml —unha cunca—. A ración de queixo maduro son uns 30 g e a de queixo fresco 60 g. Unha de iogur supón 250 g.

Descubre máis sobre os beneficios dos lácteos na infancia:
https://inlac.es/beneficios-de-los-lacteos-en-la-infancia/

Os lácteos nas diferentes etapas da vida:
https://inlac.es/leche-y-lacteos-sus-beneficios-en-las-distintas-etapas-de-la-vida/

 

Que é a lactosa?

A lactosa é o azucre naturalmente presente no leite; un disacárido formado por glicosa e galactosa, que contribúe á absorción doutros nutrientes presentes nel, ademais de ter efectos prebióticos, favorecendo o crecemento de bifidobacterias no intestino.

Descubre máis mitos e realidades da lactosa:
https://inlac.es/wp-content/uploads/2019/11/id_13113138_InlacInfografialactosa-pdf.jpg

Os valores que achega Únicla á nosa dieta

En que se diferencia Únicla dos leites convencionais?

O perfil de ácidos graxos de Únicla é diferente e, grazas á alimentación diferencial das nosas vacas, está mellorado de forma natural en relación cos leites convencionais.

Únicla ten un 20% menos de graxas saturadas, 3 veces máis Selenio, 4 veces máis CLA (Ácido Linoleico Conxugado) e 4 veces máis Omega 3 (cunha achega de EPA + DHA [ausente no leite convencional) — que un leite convencional).

Por outra banda, achega un 12% máis de ácidos graxos poliinsaturados que un leite convencional. Os ácidos graxos poliinsaturados son graxas saudables que poden axudar a diminuír o colesterol.

Ademais, Únicla é o primeiro e único leite que reduciu as emisións de CO2 nun 20% en todo o proceso produtivo con respecto ás mesmas variedades de leite convencional. Certificado por AENOR Pegada de Carbono.

Únicla é fonte natural de selenio. Por que é importante o Selenio?

selenio é un nutriente cun papel antioxidante fundamental no noso organismo. Axuda a:

  • Ter un funcionamento normal do sistema inmunitario.
  • Ter unha función tiroidea normal.
  • Protección das células fronte ao dano oxidativo.
  • Mantemento normal de biotecidos (cabelo e uñas).

Ademais, manter un adecuado nivel deste asóciase cunha mellor regulación da inflamación crónica e, na poboación máis senior, asóciase cun efecto neuroprotector, vinculado coa diminución do risco de desenvolvemento de certos tipos de demencia.

déficit de Selenio está recoñecido como unha causa de deterioración da estrutura e función das células musculares.

Únicla é fonte de Selenio, achegando 5 microgramos por 100 ml, o triplo ca un leite convencional e, nunha ración de 250 ml, proporciona o 23% da cantidade diaria recomendada.

 

Tamén achega de forma natural Vitamina D e é fonte de calcio

Unha opción saudable á hora de previr a osteoporose (ademais da práctica de exercicio físico) é o consumo de alimentos ricos en calcio e en vitamina D, dous nutrientes indispensables na súa prevención que, ademais, nos proporcionan beneficios e propiedades nutricionais ideais contra esta patoloxía.

O calcio é un mineral fundamental para desfrutar non só duns ósos sans e fortes, senón tamén para desfrutar duns dentes saudables.

Tamén é un nutriente indispensable para os diferentes tecidos corporais, neuronas, sangue e outros líquidos do noso organismo.

A vitamina D intervén na absorción de calcio, de forma que é o nutriente esencial responsable da cantidade deste mineral tanto nos nosos ósos coma nos nosos dentes.

Que é o CLA e en que nos axuda?

CLA son as siglas de Ácido Linoleico Conxugado, un ácido graxo poliinsaturado moi saudable do grupo dos Omega 6, presente de forma natural no leite. Únicla achega 4 veces máis que un leite convencional como consecuencia da alimentación natural e especialmente coidada que reciben as nosas vacas.

A contribución á saúde do CLA está moi documentada na bibliografía científica. Pódese resumir en que é:

  • Anticanceríxeno> prevén a aparición de procesos tumorais.
  • Antiateroxénico> prevén a aparición de placas de colesterol nas arterias.
  • Protexe contra a Diabetes tipo 2> Reduce a resistencia á insulina.
  • Antioxidante
  • Antiinflamatorio
  • Protexe contra enfermidades exsudativas: mucosidades, otites, dermatites infantís…

É importante destacar que tamén existe unha forma sintética do CLA. Esta forma sintética ten os efectos contrarios que o CLA natural, a excepción do anticanceríxeno.

Podo consumir leite Únicla se son intolerante á lactosa?

A lactosa é o azucre naturalmente presente no leite. Aínda que hai persoas que desenvolven intolerancia, existen lácteos, coma o queixo, o iogur e outros leites fermentados, que poden ser consumidos por persoas intolerantes porque carecen de lactosa ou a conteñen en pequenas cantidades. Ademais, cada vez é máis habitual atopar produtos sen lactosa que son perfectamente tolerados polas persoas intolerantes. En Únicla contamos coa nosa gama de produtos de leite sen lactosa Únicla nas variedades desnatado e semidesnatado.

Descubre máis mitos e realidades da lactosa:
https://inlac.es/wp-content/uploads/2019/11/id_13113138_InlacInfografialactosa-pdf.jpg

Podo consumir leite Únicla se son celíaco?

Si. O leite non ten Glute.

 

Onde podo atopar Únicla?

Introducindo o código postal na nosa tenda online podes descubrir cales son os supermercados máis próximos da túa zona nos que tes dispoñibles os nosos produtos Únicla.

Tamén podes atoparnos en Amazon.

O mellor leite no mellor envase

Son reciclables os envases de Únicla?

Si

Pódese introducir o envase de Únicla no microondas?

Non

De que está fabricado o envase?

Únicla está dispoñible en envases de 1 litro. Todas as capas do envase están fabricadas con materiais virxes nunha estrutura multicapa para protexer a integridade do produto.

Ademais, trátase de un envase responsable co seu medio natural ao proceder de bosques ben xestionados dende o punto de vista ambiental, social e económico, que conta coa certificación FSC que garante a súa fonte sostible. Por outra banda, todos os seus polímeros están feitos a partir de cana de azucre. Con todo isto, conseguimos que o noso envase sexa 86% de orixe vexetal.

Son envases certificados co selo de calidade Carbon Neutral, que garante a redución a cero das emisións de CO2 que corresponden ao seu proceso de fabricación.

Contén o envase bisfenol A (BPA)?

Non