Política privacidade
1. Responsable do Tratamieno
O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos figuran no aviso legal.
2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación
2.1 Datos tratados: Para os efectos da solicitude de información ou de contacto co Titular, ou por un eventual proceso de selección, ben convocado ou por unha candidatura espontánea presentada polo usuario, deberanse facilitar uns datos cubrindo os formularios dispostos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio. Durante a navegación, poderán facilitarse datos como o enderezo IP asignado polo seu provedor ou determinados perfís sociais asociados ao usuario.
2.2 Finalidades: As finalidades serán as seguintes:
- Contacto: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto serán utilizados para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.
- Remisión de currículos: O envío dos datos curriculares terá como fin a súa utilización en procesos de selección, presentes e futuros, aínda que o Titular se reserva o dereito a eliminar directamente a información facilitada.
- Comentarios ou suxestións: A publicación dos comentarios e suxestións queda supeditada á revisión por parte do titular da Web, quedando en todo caso destinado o correo electrónico solicitado para a realización dunha eventual resposta ou seguimento do comentario.
2.3 Conservación. O prazo de conservación será o seguinte:
- Contacto: Os datos serán tratados unicamente para atender as preguntas ou consultas formuladas e serán destruídos logo de facelo.
- Remisión de currículos: Os datos serán tratados, dende a súa recepción, por un período de 3 anos, salvo que o usuario faga chegar antes a súa solicitude de cancelación.
- Comentarios ou suxestións: Os datos serán tratados, dende a súa recepción, por un período dun ano, salvo que o usuario faga chegar a súa solicitude de cancelación de datos.
3. Exercicio de dereitos
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se está a procederse ao tratamento de datos persoais que lle atinxen ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se procede, a solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou oporse ao seu tratamento; nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Con ese fin, os usuarios poderán remitir a súa solicitude mediante correo electrónico ao enderezo comite.privacidad@cluncoop.es; ou por carta ao enderezo Ponte Maceira, s/n, 15864, Ames, A Coruña, á atención do Delegado de Protección de Datos. Incluíndo en ambos os casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente.
No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, Cooperativas Lácteas Unidas facilitaralle eses datos ao novo responsable.
4. Lexitimación do tratamento
A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.
5. Destinatarios e cesións
Os datos non serán obxecto de cesión nin haberá transferencia internacional.