ÚNICLA É “O LEITE”

Únicla, innovación nutricional en forma de leite

Que nos achega un vaso de 250 ml de Únicla enteiro?

En Únicla dedicamos anos a investigar a alimentación do noso gando, baseada en forraxes enriquecidas cun concentrado de sementes de liño e fermento selenizado, ata conseguir innovar no perfil nutricional do noso leite e potenciar os seus efectos saudables de forma 100 % natural, sen engadidos e recuperando o sabor de sempre durante todo o ano.

O único leite con selenio, Omega 3 e CLA de forma natural

Con respecto ao leite convencional, Únicla contén…

Grazas á exclusiva alimentación que recibe o noso gando, e sen engadirlle nada ao leite, un só vaso de leite Únicla achega Omega 3 e CLA, e é fonte natural de Selenio.

Omega 3

4 veces máis Omega 3 e unha achega de EPA e DHA (ausentes no leite convencional) de 5 mg por 100 ml

CLA

4 veces máis CLA por 100 ml ca o leite convencional, que axuda a previr a aparición de procesos tumorais e placas de colesterol nas arterias, mentres reduce a resistencia á insulina, protexe contra enfermidades exudativas (mucosidades, otite, dermatite infantil…) e ten poder antioxidante e antiinflamatorio.

Selenio

5 μg de selenio por 100 ml (9% do VRN*), que contribúen ao normal funcionamento do sistema inmune (a defensa natural do corpo contra as infeccións que causan as enfermidades), á protección das células fronte á tensión oxidativa (previndo enfermidades crónicas e o envellecemento), á función tiroidea normal (axudándolle ao corpo a utilizar enerxía, a manter a súa temperatura ideal e a que o cerebro, o corazón, os músculos e outros órganos funcionen normalmente) e ao mantemento de cabelo e uñas.

Ácidos grasos insaturados

Un 40 % máis de ácidos graxos insaturados por 100 ml, o que contribúe a manter niveis normais de colesterol en sangue.

Sabes ler unha etiqueta?

A etiquetaxe é a carta de presentación dun alimento e está completamente regulada, polo que saber interpretala correctamente é fundamental para calquera dieta e isto axúdanos a ser máis rigorosos co que comemos.