Información legal
Razón social: Feiraco Lacteos S.L.
CIF/NIF: B-15996929
Domicilio social: Ames (A Coruña), Ponte Maceira-Agrón s/n
Enderezo de correo electrónico: cooperativa@feiraco.es
Inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, Folla SC-36195, Tomo 2982, Folio 111
Outros datos de contacto: Tel.: 981818340 Fax: 981885702
1. Dereitos de propiedade intelectual
Todos os contidos do presente sitio web (en adiante «a web») (incluíndo, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, debuxos, gráficos e arquivos de texto) son propiedade do Titular ou dos provedores de contidos —son, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión por parte destes— e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual. A recompilación, deseño, ordenación e montaxe de todo o contido do sitio web é propiedade exclusiva do Titular e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.
As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos da web perténcenlle ao Titular e están debidamente rexistrados.
Os textos, datos e debuxos gráficos son propiedade do Titular ou das entidades provedoras de información e non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, transformación, alteración, reprodución, adaptación ou tradución por parte de terceiros sen a expresa autorización por parte do titular do devandito contido. A posta á disposición dos textos, datos e debuxos gráficos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución ou transmisión ao seu favor, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima da web.
2. Manifestacións
O Titular manifesta que este sitio web dispón da tecnoloxía adecuada para permitir o seu acceso e utilización. No entanto, o Titular non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos seus sistemas informáticos.
O sitio web podería conter inexactitudes, omisións relevantes, imprecisións ou erratas. O Titular non garante, en ningún caso, a veracidade, exactitude e actualidade dos datos contidos no seu sitio web. O usuario que accede á web exonera ao seu Titular de calquera responsabilidade en relación á fiabilidade, utilidade ou falsas expectativas que este sitio web puidese producirlle.
3. Limitación de responsabilidade
O Titular non ofrece garantías de ningunha clase en canto ao funcionamento do sitio web ou á información contida nel. O Titular non será responsable dos danos ou prexuízos, de calquera índole, que poidan derivarse do uso do sitio web.
O titular exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos datos e informacións ofrecidos por terceiras entidades a través do sitio web.
4. Ligazóns
Os titulares doutros sitios web que desexen crear unha ligazón á web comprométense a non establecer ligazóns a sitios web nas que non apareza o logotipo do Titular e a non realizar manifestacións falsas, inexactas ou incorrectas, que poidan inducir a erro ou, en xeral, que sexan contrarias ás leis.
Os titulares doutros sitios web que desexen crear unha ligazón á web do Titular comprométense, así mesmo, a non establecer ligazóns con sitios web que conteñan contidos, manifestacións ou propaganda de índole racista, xenófoba, pornográfica, de apoloxía do terrorismo e, en xeral, que poidan prexudicar de calquera modo o bo nome ou a imaxe do Titular.
A inclusión de ligazóns na web non implica necesariamente que o Titular manteña relacións mercantís ou vínculos asociativos co titular do sitio web no que se estableza a ligazón.
A presenza de ligazóns na web ten unha finalidade simplemente informativa, motivo polo cal o Titular non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implícita, respecto da comerciabilidade, idoneidade, calidade, características, procedencia, comercialización ou calquera outro aspecto das informacións e/ou produtos e/ou servizos que se ofrezan a través do sitio web referenciado.
5. Protección de datos de carácter persoal
O Titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo Lei orgánica 3/2018 de protección de datos de carácter persoal e o Regulamento 2016/679 europeo de protección de datos.
Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de Privacidade.
6. Lexislación e xurisdición aplicable
As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español; calquera controversia será sometida aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.