A “FLOR E NATA” DO DEPORTE
ANA PELETEIRO
Unha embaixadora única, galega 100%
Paixón, entrega, sacrificio, esforzo e compromiso. Todos eses son os valores que Ana Peleteiro (Ribeira, A Coruña, 2 de decembro de 1995) encarna dentro e fóra da pista. Unha forma de ser e de vivir que ademais é respectuosa co medio ambiente.
Todo iso levouna ao máis alto dende ben pequena. Ana é plusmarquista nacional na modalidade de triplo salto en todas as categorías a partir de sub-18, e foi nomeada mellor atleta española júnior en 2011, 2012 e 2013. Foi campioa do mundo júnior no 2012, Premio Princesa de Asturias no 2013 e actualmente é a campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta.
Unha vida marcada polos retos e a superación constante, por mellorar día a día, por ser unha atleta única, coma o noso leite.
DESCUBRE TODOS OS PRODUTOS DE ÚNICLA AQUÍ



“Únicla é un complemento ideal para seguir unha dieta saudable (coma a miña) e proporciónache graxas boas, Omega 3, Calcio, Vitamina D e antioxidantes coma o Selenio.”
Ana Peleteiro, atleta de elite e embaixadora de Únicla.

INNOVACIÓN NUTRICIONAL PARA UN SÚPER-ALIMENTO ÚNICO
Sabes por que Únicla é nutricionalmente único?
Grazas ao coidado das súas vacas e a unha alimentación baseada en forraxes enriquecidas cun concentrado rico en sementes de liño e fermento selenizado, Únicla conta cunhas características nutricionais, naturalmente diferentes. Sen engadirlle nada ao leite, un só vaso de Únicla achega máis Omega 3 e CLA ca un leite convencional e é fonte natural de Selenio.
Se queres coñecer toda a info sobre os valores nutricionais de Leite Únicla e os seus beneficios, descarga o noso dossier, porque cómpre coidarse con leite. E Ana Peleteiro sábeo!
INNOVACIÓN NUTRICIONAL PARA UN SÚPER-ALIMENTO ÚNICO
Antes, durante e despois da práctica de exercicio, os lácteos son un complemento imprescindible da dieta para evitarmos problemas físicos e mellorar o noso rendemento.

Hidratación
Os electrólitos presentes no leite son partículas minerais indispensables para manter un bo grao de hidratación no noso organismo; por iso o consumo de leite tras o exercicio contribúe á nosa rehidratación.

Masa muscular
As proteínas de soro lácteo e de caseína, como parte dunha dieta equilibrada acompañada de adestramento, contribúen ao aumento da nosa masa muscular e ao noso rendemento físico*.

Resistencia
As vitaminas presentes no leite, coma a B12, axúdannos na práctica dos deportes de fondo. Esta vitamina é un dos principais nutrientes que contribúe á formación dos glóbulos vermellos, que interveñen nos procesos de transporte de osíxeno.

Lesións
A vitamina D, presente en todos os lácteos, é fundamental para a absorción e o metabolismo do calcio, o que axuda a manter uns ósos fortes (como tamén o fai a vitamina K), a fortalecer os músculos e a diminuír a predisposición ás caídas e o risco de fracturas.