La leche Únicla es 100{9d5dcb958a9179dd1ad655ba9fb084b1768baaf73050fac7e2d62157771e47e4} natural, sin añadidos. La leche de mejor sabor del mundo es leche gallega 100{9d5dcb958a9179dd1ad655ba9fb084b1768baaf73050fac7e2d62157771e47e4}

O leite de mellor sabor do mundo é leite 100% galega

¿Sabes de onde procede o leite máis rico do mundo? De Galicia. O leite de mellor sabor do mundo é leite galego 100%. Grazas ao noso clima, con temperaturas suaves e abundantes precipitacións, atesouramos marabillosos pastos e cultivos de forraxe. Esta marabillosa terra e a alimentación diferenciada das nosas vacas fan posible o leite máis saboroso do mercado.
Leite Únicla é un leite único, tanto polas súas propiedades nutricionais como polo seu extraordinario sabor.

Únicla, un leite moi saudable

Leite Únicla é un leite diferenciado, con perfil dos seus ácidos graxos mellorado en relación con outros leites convencionais, obtendo un 12% máis de ácidos graxos poliinsaturados (‘graxas boas’) que son de maior calidade nutricional que as graxas saturadas, e o maior contido en Omega3 confírelle propiedades cardiosaudables.
O Leite Únicla é fonte natural de Selenio e Calcio.

O noso segredo: A alimentación e o coidado das nosas vacas

Levamos máis de 10 anos complementando a súa alimentación con sementes de liño de para conseguir os beneficios dos pastos de primavera durante todo o ano.
Con Únicla tes a garantía de que o leite que chega ao teu fogar procede de vacas que viven en contornas tranquilas e saudables, poden pastar ao aire libre e dispoñen de cortellos nos que poden moverse con liberdade para pasear, comer ou beber.
As nosas ganderías son as primeiras de Galicia certificadas por AENOR Conform en Benestar Animal, baseado no referente europeo Welfare Quality®, que ten como obxectivo harmonizar a preocupación social e as demandas de mercados para desenvolver sistemas fiables de seguimento en granxas, de información sobre produtos e de mellora en benestar animal.
Este novo modelo de certificación avalía ademais das instalacións, diferentes parámetros dos animais baseados en 4 principios: alimentación, aloxamento, estado sanitario e comportamento das vacas.
O Benestar Animal non só constitúe unha parte da política de responsabilidade social, senón que tamén ten un impacto positivo na calidade do produto.

Compromiso coa innovación e o medio ambiente

Leite Únicla foi galardoada co Premio Europeo á Innovación Cooperativa. Ademais, as nosas granxas son as primeiras en Europa certificadas coa norma ISO 22000 en seguridade alimentaria.
Grazas á innovación nos procesos de alimentación, conseguimos ganderías máis respectuosas co medio ambiente. As ganderías Únicla reducen as emisións de gases efecto invernadoiro á atmosfera. Únicla é o primeiro leite certificado por Aenor Medio. Este selo garante que o ciclo de produción de leite Únicla (desde as nosas ganderías ata que o produto chega á túa mesa) reduciu nun 20% menos a emisión de CO2 á atmosfera con respecto á produción de leites convencionais.

Leche Únicla la forma 100% natural de producir una leche de sabor extraordinario