Queixo tradicional vs. Queixo Ultrafiltrado

Os tratamentos que se aplican sobre os alimentos poden degradar algúns dos seus nutrientes, como as proteínas, as vitaminas ou os minerais. Por este motivo a produción do queixo fresco Únicla lévase a cabo a través dun sistema totalmente tradicional, no cal se emprega leite fresco sen realizar procesos de concentración da proteína.

Esta é a opción máis respectuosa cos nutrientes e garante unha textura e un sabor totalmente diferenciado respecto ao queixo fresco realizado pola técnica de ultrafiltración. A callada é suave e lixeira, o sabor lácteo é intenso, mesmo na versión
desnatada.

O queixo fresco é fonte de proteínas de alto valor nutricional, de calcio e fósforo. Se a iso lle sumamos o emprego de leite Únicla, o resultado é un queixo fresco que achega un 33 % da cantidade diaria recomendada de selenio e un 2 % menos de graxas saturadas e 4 veces máis de Omega 3 e CLA.

Las más vistas

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Facebook
Twitter
Instagram
This error message is only visible to WordPress admins

Error: There is no connected account for the user 2033359148 Feed will not update.