Manteiga vs. Margarina

Aínda que a manteiga e a margarina poidan parecer produtos similares, trátase de alimentos totalmente distintos. A parte da orixe da materia prima, o proceso de fabricación é diferente e impacta directamente sobre o valor nutricional do produto final:

  • Manteiga Únicla: obtense pola batedura da nata de leite de vaca, sen empregar ningún outro aditivo.
  • Margarina: para a súa fabricación as graxas de orixe vexetal pasan por un proceso de hidroxenación que dá lugar a “graxas trans” relacionadas co incremento dos niveis de colesterol.

 

Nos últimos anos, numerosos estudos científicos evidenciaron que a manteiga natural contén un perfil graxo máis saudable que a margarina*.
Ademais, a manteiga achega cálcio, fósforo, magnesio e vitaminas A e (potentes antioxidantes), e vitamina D, que axuda á absorción de calcio, mentres que a margarina só achega vitamina K e E.

A diferenza doutras manteigas que conteñen ingredientes ou aditivos artificiais para garantir unha textura uniforme e fácil untabilidade, Únicla está feita unicamente con leite e é máis fácil de untar grazas ao seu perfil de ácidos graxos mellorado, que conta cun 50 % máis de ácidos graxos poliinsaturados ca unha convencional, con achega de Omega3 e CLA de forma natural e menor contido de graxas saturadas.

https://www.health.harvard.edu/nutrition/butter-vs-margarine

Las más vistas

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Facebook
Twitter
Instagram
This error message is only visible to WordPress admins

Error: There is no connected account for the user 2033359148 Feed will not update.